“O meu nome é Indómita. Teño case trece anos e medio e estou
escribindo este diario para deixar constancia das cousas que acontecen
por aquí. Eu son a exploradora desta aldea sen nome.”
Indómita está disposta a arriscar a vida para salvar a súa aldea, un
lugar especial que mesmo podería non existir, pois até o de agora
ninguén logrou entrar nin saír dela. A rapaza deberá abandonala e baixar
os seus escarpados e neboentos barrancos na procura dunha solución aos
males que a asolan.
O diario de Indómita, cheo de referencias a grandes clásicos da
literatura infantil e xuvenil, supón unha viaxe única, a inmersión nun
lugar repleto de misterios, con personaxes tan extravagantes como
divertidos.
Ven coñecela á biblioteca!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.