martes, 5 de novembro de 2019

Comezan os programas de radio nos recreos!

Ao longo deste mes e, despois da formación en radio para o alumnado, comezaron os programas que grava o alumnado de xeito autónomo nos recreos.
Fixemos un calendario porque neste curso hai moitos grupos estables.
Hoxe gravaron Noa e Laura, de 3º ESO C. Fixeron un fantástico programa sobre Manga. Estivo xenial! Parabéns!
Estade atentos-as á nosa canle en IVOOX porque iremos colgando as producións destes grupos de voluntarios-as da Voz da Mata.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.