mércores, 4 de decembro de 2019

A Voz da Mata, instrumento de inclusión.

A Voz da Mata quere seguir a ser un instrumento para a inclusión. Un grupo de profes estamos a gravar un audio do libro Contos por palabras de Agustín Fernández Paz para que o noso alumnado con dislexia poida gozar desta marabilla, escoitando as historias que nos conta e achegando a literatura galega a todos-as!
Este vai ser o primeiro, pero imos intentar que ningún dos nosos alumnos-as deixe de gozar dun bo libro porque non poida ler con fluidez.
Hai moitos audiolibros pero en galego son moi complicados de atopar; deste xeito elaboramos os nosos propios recursos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.