mércores, 29 de xaneiro de 2020

Visítanos Antía Yañez

A semana pasada tivemos a sorte de ter na nosa Quinta dos libros a Antía Yañez. É unha escritora galega que no 2018 gañou o premio Illa Nova co seu libro Senlleiras. É unha historia de dúas mulleres: Alana (moza pobre), e Alda (influencer), en tempos diferentes -comezos do século XX e comezos do século XXI- pero co mesmo problema, sofren o maltrato dos seus homes. Na obra hai diferentes narradores e intégranse textos xornalísticos, das redes sociais, etc.
Esta obra foi traballada polo alumnado de 4ºESO. Tiveron a sorte de poder falar con ela e preguntarlle moitas cousas
O alumnado de 2ºESO realizou un Obradoiro de escrita creativa con ela e por último fixéronlle unha entrevista en A Voz da Mata!
Día completo que resumimos no seguinte vídeo.
Grazas Antía! Foi unha xornada marabillosa!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.