mércores, 19 de febreiro de 2020

Investigadoras na Quinta e na Voz da Mata!

O Plan de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) cumpre 15 anos. Por este motivo a Asesoría de Bibliotecas Escolares organizou un estudo para coñecer e avaliar a situación actual das Bibliotecas (Coñecer a súa avaliación, as melloras, as diferentes dinámicas...)
O noso centro foi un dos seleccionados, por estarmos ademais no PLAN LÍA.
Dúas investigadoras da Universidade de Vigo están a convivir con nós estes días realizando distintas actividades de observación e avaliación.
Esperamos que leven unha boa impresión do noso traballo e ilusión!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.