venres, 27 de marzo de 2020

Charo Pita na Voz da Mata!

Os alumnos-as voluntarios-as da Voz da Mata gozarían hoxe dunhas sesións de Formación en Radio a cargo de Charo Pita.
Como xa sabedes, todas as nosas actividades presenciais están canceladas.
Pero Charo Pita deixou un agasallo para os máis pequeniños-as. Un precioso conto  que se pode alongar o que se queira e converter nun xogo de repetición e memoria: "Os animais do mar"
Esperamos que vos guste!
Charo, esperamos recibir a túa visita en pouco tempo! Grazas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.