A semana pasada celebramos o Día do Teatro. Por este motivo a profe Bea, (Lingua galega ESO), preparouvos esta dramatización do texto de Roberto Vidal Bolaño, Rastros (1998)
Esperamos que vos guste!
Grazas Bea, polo teu esforzo e traballo!
Deixamos aquí o texto por se alguén se anima a facer un teatriño na súa casa coa familia!
VOZ NENO UN: Que pensades ser
cando sexades maiores?
VOZ NENO DOUS: Calquera cousa. Xefe, por exemplo. Son os que máis gañan e os que menos traballan.
VOZ NENO TRES: Eu serei explorador. Ou inventor. Ou descubridor de algo.
VOZ NENO UN: Eu o único que quero, cando sexa maior, é que non haxa nunca escola.
VOZ NENO TRES: E ti, Esther?
VOZ DE NENA: Eu?
VOZ NENO TRES: Si, ti?
VOZ DE NENA: Libre, coma os paxaros…
Roberto Vidal Bolaño, Rastros (1998)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.