luns, 23 de marzo de 2020

Juan Ramón Tamuxe fai un podcast para os nenos-as da Mata! Río Miño!

O noso querido Juan Ramón Tamuxe comezou estes días cun proxecto moi interesante de podcast sobre a nosa contorna: Historias do Rosal
O seu terceiro episodio está adicado a vós. Puxémonos en contacto con el e pedímoslle se podería facer un programa sobre o río Miño, xa que o noso PDI deste ano é sobre ese tema.


Pois aquí está! Juan Ramón fixo un marabilloso podcast sobre o Miño! Podedes escoitalo en IVOOX, buscando Historias do Rosal ou picando no seguinte enlace.

https://www.ivoox.com/1x03-o-rio-mino-audios-mp3_rf_49161233_1.html?autoplay=true

Tamén podedes seguir as súas Historias de O Rosal porque son estupendas!
Estes días escoitar a radio é unha boa proposta para pasar o tempo e aprender moito!

Se queredes saber máis de Juan Ramón preme AQUÍ.
Moitísimas grazas Juan Ramón!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.