mércores, 1 de abril de 2020

Club de letras desde a casa!

Continuamos co Club de Letras desde a casa!
Toca formación en BANDA DESEÑADA extensiva para todo o cole. A idea era que Tomás pasaría polas clases (dende 1º EP a 4º ESO) para impartir, pouco a pouco, pequenos obradoiros de BD
Na biblioteca xa fomos mercando lecturas en BD moi interesantes e novidosas que poderedes ver á volta.

Agora que todo cambiou, pensamos que aínda se podía facer algo. Por iso Tomás está a crear un curso de BD online, a través de YOUTUBE, por entregas.
Tedes aquí a primeira delas, sobre TÉCNICAS PARA CREAR VIÑETAS.

Esperamos que gocedes con ela! Haberá máis entregas!
É unha moi boa opción para a Semana Santa!
Poderedes aprender a facer as vosas propias creacións!
Grazas Tomás!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.