xoves, 16 de abril de 2020

Entrevista á nosa Coordinadora da Biblioteca, María Oca!

Nestes días, a nosa Coordinadora da Biblioteca, María Oca, foi entrevistada a través do Instagram pola alumna Sandra Zarco, de 4º ESO, e Ana Rodríguez, unha muller moi polifacética que é bibliotecaria e fotógrafa. Vive en Santander e está colaborando con nós en diversas actividades culturais.
Sandra e Ana están a facer unha serie de programas nos que entrevistan  persoas interesantes que desempeñan un labor importante en distintas profesións.
O seu programa chámase "Merienda con Sandra & Ana".
Deixámosvos aquí a entrevista a María Oca. É moi interesante!
Esperamos que vos guste.
Grazas a Sandra, Ana e María por compartir con nós a súa merenda!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.