mércores, 22 de abril de 2020

Infamia de Ledicia Costas na Voz da Mata!

O Club de lectura de Adultos do centro gravou un programa de radio para A Voz da Mata sobre a lectura do libro "Infamia" de Ledicia Costas.

O día 27 de abril tiñamos programada unha xuntanza dos Clubs de Lectura do Baixo Miño, pero non se celebrou debido á crise sanitaria que estamos a vivir. Estas mulleres non quixeron deixar pasar a ocasión e compartiron con nós as súas impresións do libro.

Grazas a Merce, Bea, Loli, Inma, Rosaura, Elvira e Lola por facer este programa dende as vosas casas e celebrar a Semana do Libro con nós!


Se queredes escoitalo visitade a nosa canle de IVOOX!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.