domingo, 25 de outubro de 2020

25 de outubro: Día de Lorca en Galicia

 O 25 de outubro de 1916 Federico García Lorca (1898 - 1936) visita por primeira vez Galicia. Volverá en tres ocasións no ano 1932. Alvarellos Editorial impulsou esta data no ano 2018.

A semana que vén non podedes perder o podcast que está a preparar a profesora María Oca co seu alumnado sobre a figura de Lorca en Galicia.

A Quinta dos Libros proponvos unha escolma de libros e películas que vos acheguen á figura deste grande poeta.

 


O timbre musical do luns e martes tamén estará adicado á súa figura con dous poemas musicados:

  • O primeiro deles será Chove en Santiago, interpretado por Luar na Lubre. O mencionado poema está incluído en Seis poemas galegos publicado en 1935.
  • O martes escoitaremos La Tarara na voz de Inma Cuesta. A versión que escoitaremos podédela atopar na banda sonora da película La novia baseada na obra Bodas de sangre de Lorca.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.