domingo, 4 de outubro de 2020

Queres ser voluntario-a da Voz da Mata? Queres facer radio nos recreos?

Se queres ser voluntario-a da nosa radio, A Voz da Mata, anótate na túa titoría!

Antes do día 13 de outubro!

Para ser voluntario-a só tes que ser alumno-a do noso centro e cursar 5º, 6º de EP ou ser da ESO.

Se estás na ESO, tamén podes participar nos Equipos da Radio para os recreos

Os grupos poden ser de 2, 3 ou 4 membros. Ademais, tedes que estar na mesma clase para respectar os grupos burbulla. 

Fala co teu titor-a e xa seredes un dos grupos que fagan radio nos recreos!

Non esquezades buscar un nome especial para os vosos programas!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.