xoves, 26 de novembro de 2020

Amalia "Sen máscaras"

 Hoxe tivemos na Voz da Mata a Amalia. É o segundo ano que está no noso centro e descubrimos moitas cousas novas dela.

Estivo acompañada por Nerea e Alba de 2º ESO.

 
Contounos que ten moitos animais na casa, que sería unha boísima deseñadora de interiores e que "Memories" de Maroon 5 é unha das súas cancións favoritas.

No seguinte vídeo tedes un adianto da súa entrevista.


Se queredes escoitar a entrevista completa visitade a nosa canle de IVOOX ou premede AQUÍ.

Moitísimas grazas a Amalia por participar neste proxecto!

 Grazas a Nerea e a Alba por facer unha entrevista tan dinámica!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.