venres, 20 de novembro de 2020

Entrevista a Marta. "Sen máscaras"

 Noa e Mauro de 2º ESO, foron os voluntarios da Radio encargados de entrevistar a Marta, a nosa nova profe de Música do CPI, que está encantada de ter a súa praza no Rosal.

 

Marta contounos cousas moi interesantes, o que máis nos chamou a atención foi que traballou como voluntaria nunha ONG en Venezuela, que toca varios instrumentos e que é unha persoa moi positiva.

 Foi un pracer escoitala. Aquí tedes un anaquiño da entrevista de hoxe.

 

Se queredes escoitala completa visitade a nosa canle de IVOOX ou premede AQUÍ.

Moitísimas grazas a Noa e Mauro e tamén a Marta pola súa colaboración e simpatía!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.