mércores, 18 de novembro de 2020

Reyes. "Sen máscara"

 Hoxe tamén tivemos na Voz da Mata a Mari Reyes, unha compañeira do persoal non docente que destaca pola súa simpatía e bo humor.

 

Sempre colabora con nós en calquera actividade que o precisemos e, como non, nesta ocasión no Proxecto "Sen máscaras".

Descubrimos moitas cousas dela, sobre todo a súa ilusión por vivir, que quere viaxar e que é unha persoa sensible e moi romántica. Está moi agradecida á vida por todo o bo que ten. 


Reyes fixo unha entrevista moi graciosa e entretida, pasamos un bo momento!

Se queredes gozar coa súa entrevista visitade a nosa canle de IVOOX ou premede AQUÍ.

Tedes un adianto do que foi a sesión de hoxe con ela.


Grazas Reyes por ter sempre esa ilusión que nos contaxia a todos-as!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.