Comezamos un novo proxecto, chámase "Sen máscaras".
Nace da necesidade de humanizar a situación que estamos a vivir.
O alumnado ten curiosidade por ver as caras dos seus profesores-as e iso imos facer.
Os alumnos-as voluntarios da Radio farán unha entrevista aos membros da Comunidade Educativa participantes e publicarase acompañada dunha foto desa persoa sen máscara.
Participan neste proxecto 22 profesores-as, 3 membros do persoal non docente e 49 alumnos-as.
Queredes ver as fotos das vosas-os profes sen máscara?
Pois estade moi atentos-as!
Os profes, tamén "sen máscaras", vannos contar cousas da súa vida, na Voz da Mata.
Desde mañá o persoal da Mata desenmascárase!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.