mércores, 16 de decembro de 2020

250 Aniversario do nacemento de Beethoven!

 Hoxe festexamos unha data moi importante no mundo da cultura, o 250 Aniversario do nacemento de Beethoven.

No noso timbre musical levamos escoitando toda a semana as súas obras. Un autor inmortal que nos deixou un legado marabilloso!

Os alumnos-as de 4º ESO da optativa de Música, coordinados-as pola profe Marta, fixeron un programa especial na Voz da Mata sobre este autor.  

A peza que abre e pecha o programa está interpretada polo alumnado.

Se queredes escoitalo visitade a nosa canle de IVOOX

 Parabéns a Marta e ao seu alumnado por un traballo fantástico!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.