martes, 22 de decembro de 2020

Ata o vindeiro ano!

 Despedimos o noso trimestre cun agasallo moi especial. O alumnado de 2º B ESO e 3º C ESO prepararon estas pezas para o día de hoxe.

Non poidemos ter festival no Auditorio nin festas nas aulas pero estes días estiveron cheos de actividades e, como non, a música no Nadal non podía faltar!

2º ESO B interpreta unha preciosa adaptación de Rock' around the Christmas tree

María Álvarez foi a encargada da imaxe e do son. Esperamos que vos guste! 


3º ESO C sorpréndenos cunha adaptación de All I want for Christmas is you.

Como encargada da imaxe e do son tivemos a Sara

Unha marabilla de interpretación!


Grazas ao alumnado de Música da ESO que estes días traballou duro para pór no noso Nadal momentos de ledicia. E grazas a Marta por coordinar este traballo.

Ata o vindeiro ano! Bo Nadal a todos-as! Vémonos en xaneiro!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.