mércores, 16 de decembro de 2020

Cine na Quinta! "Relatos Salvajes" e "Mula"

 O alumnado de 4º ESO participou esta semana dunha sesión de cine.

4º A coñeceu o cine arxentino con "Relatos Salvajes" e fixo hoxe un cine forum na Voz da Mata, da man da profe María Oca. Se queredes escoitar esta sesión de radio visitade a nosa canle de IVOOX ou premede AQUÍ.

4º B analizou o mundo do narcotráfico coa película "Mula" unha película de Clint Eastwood na que a terceira idade, a familia e as drogas son os eixos centrais.

 


Grazas pola vosa participación!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.