martes, 22 de decembro de 2020

Cuestionarios Proust

O alumnado de 4º ESO fixo estes días unhas entrevistas persoais baseadas no famoso Cuestionario Proust.

É unha pequena continuación do noso Proxecto "Sen máscaras" pero co alumnado.

Foi unha experiencia estupenda na que o alumnado participante fala das súas inquedanzas, xeitos de ver a vida, do seu futuro... 

Grazas a Arantxa, Manuel, Araceli, Paula, María V, Carla P, Eva e Antía por ser tan valentes!


 Temos tres episodios. A continuación podedes ver un pequeno adianto da entrevista no vídeo e tedes o enlace para poder escoitar o contido completo a través da nosa canle de IVOOX.

Esperamos que vos gusten! Son unha marabilla!

Cuestionario Proust a Arantxa e Manuel de 4º ESO B.

Preme aquí para escoitalo. 

 

Cuestionario Proust a Araceli, Paula e María Vicente de 4º ESO B.

 Preme aquí para escoitalo.

 

 Cuestinario Proust a Antía, Carla Portela e Eva de 4º ESO A.

 Preme aquí para escoitalo.


Esta actividade estivo coordinada pola profe Adriana.

Moitísimas grazas por ser tan xenerosos-as e compartir esta experiencia na Voz da Mata!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.