Nun Nadal tan peculiar atopamos, a través da música, un camiño de ilusión.
Nel hai espazo para os bos desexos. O máis importante é que o vindeiro ano veña cargado de saúde para todos-as.
Tamén desexamos que poidamos seguir estando xuntos-as no cole e compartamos momentos inesquecibles.
O alumnado de Música do CPI da ESO, coordinado pola profe Marta, preparou esta sorpresa de Nadal para vós! Esperamos que vos guste!
Comezamos por 2ºESO A que contou co profe Paco como técnico de imaxe e son.
"Santa Claus is coming to town"
2º ESO C tamén fai unha marabillosa achega para pór un toque de ledicia a este Nadal!
Aquí tedes a súa propia versión da peza anterior!
O técnico de imaxe e son nesta ocasión, foi Raúl Dorna.
3ºESO A-PMAR interpreta "What a wonderful world"... Xa veredes que emocionante!
Brayan Rodríguez encargouse da imaxe e do son.
Rematamos cunha felicitación para todos-as os que formamos parte do CPI da Mata. O alumnado de 4º ESO, da optativa de Música interpreta unha preciosa adaptación de "Jingle Bells Rock" cunha mensaxe moi especial.
Que sexades moi felices! E que viva a música que nos acompaña sempre!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.