Hoxe tivemos na Voz da Mata a Charo Pita facendo dous obradoiros para o alumnado voluntario da Radio.
O obradoiro de 6º EP foi "Xeografía máxica". Traballaron con historias de Galicia para montar un programa de radio con contidos nos que se mesturan elementos da tradición oral, a historia e os lugares xeográficos. Estivo moi entretido e interesante!
O obradoiro de 1º ESO foi sobre "Teatro lido". Traballaron a expresión oral, a dramatización e a creatividade. Foi moi divertido!
Aquí tedes un resumo das sesións de formación.
No seguinte vídeo podedes ver unha mostra do obradoiro de 6º!
Aquí tedes unha mostra do divertido que foi o obradoiro de 1º ESO!
Grazas a Charo Pita por estes marabillosos obradoiros, aos nosos-as voluntarios-as da radio por entregarse tanto nesta actividade e a Radio na Biblio por esta oportunidade formativa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.