Algunhas das actividades levadas a cabo dende o equipo da biblioteca para celebrar o día do paz foron as seguintes:
O alumnado de primaria creou un botiquín para a Paz que está exposto nos corredores. O alumnado de 1º e 2º EP foi o encargado de decorar as cortizas con diferentes imaxes de obxectos sanitarios.
Todo o alumnado do centro recibiu un agasallo de parte do equipo de bibliotea creativa, que consistiu nun chaveiro feito coa impresora 3D. Ía acompañado dun código QR enlazando á canción "Contágiame tu paz" que foi a elixida para celebrar este día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.