Un ano máis, colaboramos co programa que realiza a Rede Espora no Día Mundial da Radio.
Este ano falan da radio de antes e de como os nosos maiores viviron a experiencia de escoitala.
O alumnado de 6º B estivo a pescudar sobre este tema e fixo unha serie de entrevistas aos seus avós e avoas.
Se queredes escoitar o programa e a intervención do noso centro premede no seguinte enlace.
Abrimos o programa! Poderedes escoitar tamén as experiencias doutros centros!
Esperamos que vos guste!
Grazas ao alumnado de 6º B e a Elvira por coordinar esta participación!
Grazas á Rede Espora por contar con nós para o seu programa especial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.