venres, 12 de febreiro de 2021

Música, Entroido, Cine e Orellas: MECO!

 Comezan as vacacións do Entroido!  A mellor despedida é con música!

A Música está ligada ao Entroido, e á Moda, presente no Cine, que estamos a traballar neste curso; tamén as Orellas, que non faltarán nas nosas mesas nestas festas. Todo isto dá como resultado o MECO, que andou a dar ordes moi divertidas durante toda a semana.

Chegou o momento de descansar. Despedímonos das clases ata o xoves, cun toque musical que nos achega o alumnado de música do CPI coordinado pola profe Marta

Esperamos que vos guste!

O alumnado de 2º A ESO preparou esta adaptación do tema principal da peli "A Familia Adams", ata viñeron disfrazados para ambientar a súa interpretación. Moitas grazas! 

Está xenial!


3º C ESO ambientou a súa interpretación no marabilloso mundo dos piratas. Fan unha adaptación do tema da peli "Piratas do Caribe" 

Que ben soa!

O alumnado de 4º ESO, da optativa de música,  está traballando os musicais! Interpretan para nós a famosa peza do "Can can" que se pode ver en películas como Moulin Rouge ou Cabaret, das que tamén analizamos o vestiario, xa que no PDI traballamos a "Moda".

Cun aire festivo e utilizando os boomwhakers temos unha divertida interpretación coa que despedimos esta primeira etapa do 2º trimestre.

Moitas grazas!


Que pasedes unhas boas vacacións e moito sentidiño!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.