Hoxe celébrase o 11F, Día da Muller e da Nena na Ciencia. Este ano sumámonos á campaña #NoMoreMatildas.
Na páxina web #NoMoreMatildas atoparemos tres libros nos que se presenta a hipotética vida do físico Albert Einstein, do médico Alexander Fleming e do físico Erwin Schrödinger de ter sido mulleres.
O club de ciencia, en colaboración co equipo de biblioteca, realizou unha escolma de libros relacionados con mulleres científicas. Estes días de entroido é un bo momento para coñecer as súas vidas e achegas á ciencia.
Gozade coa súa lectura!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.