venres, 26 de febreiro de 2021

Orientación Profesional na Voz da Mata!

 Esta semana na Voz da Mata, fixemos un programa especial de Orientación Profesional para o alumnado da ESO, especialmente para o de 3º e 4º.

Manuel e Eva, voluntarios da Radio, fixéronlle unha entrevista a María, Orientadora do centro e a Andrea, alumna de Prácticas e exalumna do CPI.

Falaron de saídas profesionais, tipos de BAC, Formación Profesional, Optativas...

Un programa moi interesante que responde ás dúbidas presentadas polo alumnado de 3º e 4º ESO.


Moitísimas grazas a María e a Andrea por este programa, e tamén a Eva e Manuel por conducilo tan ben!

Se queredes saber de que vai o programa, podedes ver unha mostra no seguinte vídeo.

 

Se queredes escoitar o programa completo, visitade a nosa canle de IVOOX ou premede AQUÍ.

Esperamos que vos sexa de axuda!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.