Como proposta de Charo Pita, despois de realizar as sesións de formación deste ano para o alumnado da Radio, fixemos unha actividade de microrrelatos.
Partindo dunha imaxe proposta por Charo Pita, o alumnado de 6º B escribiu microrrelatos, un cada alumno-a. O resultado é espectacular, cadaquén interpretou a imaxe dun xeito diferente e fixo unha creación literaria partindo das súas emocións. O resultado é un programa de radio con todas esas producións. Se queredes escoitalo visitade a nosa canle de IVOOX, a aula virtual do CPI ou premede AQUÍ.
Fixemos un concurso e o microrrelato gañador foi o de Eduarda.
Neste vídeo tedes o relato gañador. Esperamos que vos guste!
Ben e Joel quedaron finalistas. Son uns marabillosos escritores! Estivo moi difícil escoller só un microrrelato.
Moitas grazas a Charo Pita pola súa proposta e por mandarnos as postais!
Grazas ao alumnado de 6ºB e a Elvira por participar nesta actividade!
Parabéns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.