Hoxe festexamos a diversidade cunha actividade moi especial!
En colaboración co Concello do Rosal organizamos un desfile no que a diversidade foi o tema central. Estivo presentado por Javier Lago e Andrea Pereira.
Se queres saber o contido do desfile preme AQUÍ.
Pasáronse deseños de Adanegra, Nerea Rodríguez e do alumnado de 4º ESO de Educación Plástica.
Foi impresionante!
Se queredes saber como foi o desfile, nos seguintes vídeos poderedes descubrilo.
Non hai mellor xeito de rematar o noso PDI deste curso, "A Quinta vai á moda"
Grazas a todo o profesorado participante, tanto desfilando como organizando!
Grazas ao alumnado colaborador!
Grazas ao Concello por facelo posible!
Se queredes ver máis fotos premede AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.