Hoxe tivemos unha xornada moi especial. Recibimos a visita de Pablo Otero, escultor, pintor, ilustrador e escritor galego.
Realizou distintos obradoiros para o voluntariado.
Utilizando materiais de refugallo e mesturando distintas técnicas, o voluntariado traballou a imaxe dos iguais dende un punto de vista artístico e lúdico. Foi moi divertido e emocionante! Por outra banda, Pablo relacionou as actividades dos obradoiros co noso PDI sobre a moda.
Se queredes ver o ben que o pasamos nestes obradoiros, podedes ver o seguinte vídeo:
Todas as sesións tiveron grande éxito entre o alumnado.
Para rematar a xornada, tivemos o pracer de ter a Pablo na Voz da Mata. Unha entrevista marabillosa que podedes escoitar na nosa canle de IVOOX, na Aula Virtual do CPI ou premendo AQUÍ.
Aquí tedes unha mostra da entrevista
Grazas a Pablo Otero polas súas actividades e ao voluntariado pola súa boa predisposición, colaboración e creatividade. Parabéns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.