martes, 19 de outubro de 2021

Obradoiro de creación de letras de cancións!

 No marco do noso PDI, "O acorde da Quinta", estamos a realizar un Obradoiro de creación de letras de cancións!

Zaira, de 4º ESO, escribiu unha canción sobre unha historia verídica de Xapón. Hai xente alí que abandona bebés nos estoxos das estacións de metro para que os recollan os vixiantes.

A letra de Zaira trata dun neno que deixaron e foi recollido por un garda de seguridade que, finalmente, quedou co bebé.

Carlos, Marta e Tomás cantan un fragmento dunha tradución ao inglés que Zaira fixo.

Neste momento presentamos o making-off da actividade.

 Nunha segunda parte, Zaira gravará, na Voz da Mata, uns versos en xaponés que irán superpostos nunha das partes instrumentais da peza.

Aquí tedes o adianto deste obradoiro!

Esperamos que gocedes con el!

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.