A profe Berta estivo hoxe na Voz da Mata para contarnos, sen máscaras, moitas cousas dela.
Yésica e Greta, de 2º C, foron as encargadas de facerlle unha entrevista estupenda!
Contounos que é da Coruña, que o seu pai tamén foi profe de Física e Química e que ten moitos soños por cumprir.
Gústalle analizar todo e buscar a lóxica das cousas, pero iso non é sempre posible!
Coco é unha das súas películas favoritas e goza coa lectura de novelas históricas!
Se queredes saber máis cousas escoitade a entrevista completa premendo AQUÍ.
No seguinte vídeo tedes un adianto da entrevista con Berta!
Grazas a Yésica e Greta por ser unhas fantásticas reporteiras!
E grazas a Berta por colaborar neste proxecto tan especial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.