martes, 19 de outubro de 2021

Proxecto "Sen máscaras". Nacho.

 Hoxe estivo Nacho na Voz da Mata

É o profe de EF na ESO e está moi contento de estar no noso centro.

 Ángela e Antía, de 4ºESO, fixéronlle unha fantástica entrevista na Radio e  contestou a moitas cuestións interesantes.

 Nacho é de Vigo, os seus pais tamén son profesores de Secundaria.

 Como era de esperar, xoga ao baloncesto e goza moito co deporte!

Afortunadamente ten vivido máis cousas positivas que negativas.

 Gústalle moito James Brown!

Recoméndanos "Sapiens", unha das súas últimas lecturas! 

Se queredes saber máis cousas de Nacho e escoitar a entrevista completa premede AQUÍ.

No seguinte vídeo tedes un adianto da entrevista.

 Grazas a Ángela e Antía por unha entrevista estupenda, e a Nacho por participar neste Proxecto!


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.