Hoxe, participando no noso Proxecto "Sen máscaras", estivo a profe Olaia na Voz da Mata!
Xoel e Marcos, de 1º ESO A, fixéronlle unha entrevista estupenda!
Olaia é profe de Pedagoxía Terapéutica, e traballa no noso centro con alumnado de Primaria e Secundaria.
Falounos de moitas cousas!
Gústalle viaxar e ten unha familia moi boa!
Non perdades a entrevista porque, ata se lanzou a cantar!
Está moi contenta coa súa vida e gústalle moito a radio!
Se queredes saber máis cousas dela escoitade a entrevista completa premendo AQUÍ.
No seguinte vídeo podedes ver un anaquiño!
Xoel e Marcos foron uns reporteiros marabillosos!
Moitas grazas aos tres pola vosa participación neste proxecto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.