venres, 29 de outubro de 2021

Proxecto "Sen máscaras". Sofía EF EP!

 Hoxe estivo na Voz da Mata a profe Sofía. Chegou nova este ano ao noso CPI!

 Foi entrevistada por Aroa e Miguel de 5º A de Primaria.

 Contounos moitas cousas!

Dende pequena gozou moito coa actividade deportiva!

Na súa familia hai máis profes, por exemplo o seu irmán que da clases de español en Estados Unidos.

 Apúntase a calquera proposta de actividade nova! 

A súa peli favorita é "Intocable", unha recomendación cinematográfica estupenda!

 Se queredes escoitar a entrevista completa premede AQUÍ.

No seguinte vídeo podedes ver un adianto do que foi o paso de Sofía pola Voz da Mata e a súa participación no Proxecto "Sen máscaras".

 Moitísimas grazas a Sofía por unha entrevista estupenda!

 E moitas grazas tamén a Aroa e Miguel por ser uns reporteiros fantásticos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.