Hoxe estivo na Voz da Mata a profe Fátima.
Foi entrevistada por Blanca e Dani de 5º A EP, no marco do noso Proxecto "Sen máscaras".
Falounos de moitas cousas!
Fátima é de Lugo e procede dunha familia de mestres-as!
Cando lle deron a praza no Rosal levou un gran susto pero agorá está encantada de estar aquí.
Goza co deporte pero fai menos do que realmente lle apetece!
"El club de los poetas muertos" é unha das súas pelis favoritas e The sound of silence (Simon and Garfunkel) é unha canción que escoita habitualmente.
O seu soño é dar a volta ao mundo!
Se queredes escoitar a entrevista completa premede AQUÍ.
No seguinte vídeo podedes ver un adianto da mesma.
Grazas a Blanca e Dani por ser uns reporteiros fantásticos!
Grazas Fátima por unha entrevista estupenda e moi divertida!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.