Hoxe estivo na Voz da Mata a profe Marisa.
Foi entrevistada por
Carla e Manuel de 3º EP!
Marisa contounos, sen máscaras, un montón de cousas. É de Riotorto en Lugo.
A súa familia é moi grande, ten sete irmás/irmáns! Iso si que é unha familia numerosa!
A súa nai faleceu cando ela tiña dez anos e o seu pai encargouse de sacar aos nenos-as adiante!
Está moi contenta de estar no noso cole definitiva.
"Cadea de favores" é unha das súas pelis favoritas.
Bailar é un dos seus talentos ocultos!
Se queredes saber máis cousas sobre Marisa, escoitade a entrevista completa premendo AQUÍ.
No seguinte vídeo tedes unha mostra da gravación de hoxe.
Grazas a Carla e Manuel por ser uns entrevistadores fantásticos!
Grazas, Marisa por unha entrevista moi especial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.