venres, 28 de xaneiro de 2022

Programas especiais Día Escolar da non violencia e a paz!

 Dende A Voz da Mata, o alumnado de 5º A EP traballou moito para facer uns guións estupendos, sobre a vida e as cousas boas que fixeron, os principais premios Nobel da Paz.

 

Con toda esa información temos, como resultado, un programa especial sobre estes homes e mulleres tan especiais para a historia da Humanidade.


O alumnado de 5º B tamén estivo pescudando e, coa súa información, fixeron un programa coas frases máis importantes que deixaron como legado todas estas persoas.

 

Como resultado temos dous programas espectaculares que poderedes escoitar premendo nos seguintes enlaces:

PREMIOS NOBEL DA PAZ

FRASES DOS PREMIOS NOBEL DA PAZ 

Esperamos que gocedes deste marabilloso traballo dos nosos voluntarios-as!

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.