venres, 25 de maio de 2012

Chegaron as palabras ao Rosal

Hoxe, venres 25 de maio chegaron as palabras ao Rosal!!!! Co gallo da celebración do Día das letras Galegas, que neste ano estivo dedicado a Valentín Paz Andrade dende o Equipo de Normalización Lingüística aproveitamos para festexar as nosas letras coa presentación de Non perdas a Palabra no Auditorio do Rosal.
Como todos os anos, no libro hai poemas, contos e ilustracións. O acto foi moi bonito. Algúns dos seleccionados fixeron unha lectura dos seus textos e ademais contamos coa actuación do Coro da Mata, que cada ano mellora as súas actuacións. Nesta edición, incluso se atreveron cun Mambo!!! Botádelle unha ollada ás fotos, a ver se vos recoñecedes.



As palabras seguen vivas no Rosal!!!

2 comentarios:

  1. LOLI DIRE29 maio, 2012

    Gustoume moitísimo o "Non perdas a palabra" deste ano. Gustariame moito que as familias dos nenos-as poideran disfrutar deste acto tan bonito.
    Parabéns aos que participaron, colaboraron e organizaron. Grazas a todos-as.

    ResponderEliminar
  2. Parabéns a todos os premiados e grazas aos que fan que cada ano podamos dedicarlle un día especial A PALABRA!

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.