xoves, 11 de abril de 2013

Xa agromaron historias...

Ilustración de Maia Cummins



















A Quinta dos libros xa ten dous anos. Cando naceu comezamos a sementar letras e sons, queriamos que co tempo agromasen palabras, historias, música... Chegou o momento de recoller a nosa colleita. Presentámosvos o noso novo blog:

Un recuncho na rede para compartir. Queremos coñecer as vosas lecturas preferidas, que nos desveledes os fragmentos que máis vos gustaron. Queremos gozar coas vosas creacións e interpretacións. Queremos que os lectores e lectoras da Quinta sexan os protagonistas.

1 comentario:

  1. elena (historia)11 abril, 2013

    Pareceume unha idea fantástica e quero participar nela. A palabra HISTORIA da moito xogo...

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.