luns, 6 de maio de 2013

A carteleira desta tarde

 
Este ano na Quinta apostamos polo cine contemporáneo. Quixemos achegarvos dúas películas actuais e recoñecidas con varios premios. As dúas recollen historias que non nos deixan indiferentes, que nos fan pensar, que nos removen por dentro e que nos deron pé para debatir, falar e comentar.
Hoxe foi o turno de La vida de Pi, gañadora de catro Oscar: mellor director, fotografía, banda sonora e efectos visuais.



É un pracer ver a Quinta convertida nunha verdadeira sala de cine.

Comezamos xantando xuntos. Despois da sobremesa colocamos as butacas: os asentos máis cómodos da biblioteca. A sesión de cine está acompañada de palomitas. E rematamos comentando a película. Un bo plan para unha tarde de choiva coma esta!

2 comentarios:

  1. Ainhoa Álvarez07 maio, 2013

    Moi boa película, e na miña opinión, cun final sorprendente.

    ResponderEliminar
  2. É verdade, Ainhoa, o final chama a atención. Dicía hoxe Sofía de 4º da ESO que é una película para ver dúas veces. Ten razón. Eu vinna con vós por segunda vez, e o enfoque é totalmente distinto porque xa sabes a onde te levará a historia.

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.