luns, 10 de xuño de 2013

O Rosal Times

Acaba de saír a primeira edición de O Rosal Times, o periódico que naceu nas aulas de 3º de secundaria. Quixéronse unir ao proxecto deste ano facendo un estudo dos sectores económicos no noso concello. 
 
Pero como fixeron este traballo? Elixiron unha actividade económica para traballar e buscaron información indagando na súa contorna. Ademais fixeron dúas saídas a empresas da zona para coñecer dous dos piares fundamentais da economía do Rosal: o viño e o envasado de produtos agrícolas.
  Moitas grazas a Andrea a aos rapaces de 3º da ESO por este traballo!

3 comentarios:

  1. Menudo traballo, rapaces! Parabéns por este xornal. Dende hoxe coñecemos un pouco mellor este concello

    ResponderEliminar
  2. Pablo Alexis10 xuño, 2013

    Impresionante!!!

    Moi bo traballo, rapaces. Con este periodico aprendese moito da economía de O Rosal...tedes que difundilo para que se coñeza o voso traballo.

    Parabéns.

    ResponderEliminar
  3. Ana Sofía17 xuño, 2013

    Excelente traballo! Parabéns e ánimo para seguir facendo proxectos tan bos coma estes.

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.