As clases foron interrompidas para transmitir unha mensaxe: "Se tes medo mañá non veñas á biblioteca no recreo". Así queriamos dar a coñecer o que pasará na quinta este mércores. Despedimos o mes do medo dunha maneira especial. E este ano non podería ser doutro xeito: mañá levantamos o pano.
As palabras de Alan Poe escoitaranse na biblioteca na voz de Álex Domínguez, acompañadas dos sons escollidos por Hadrián Iglesias. Esta lectura dramatizada está dirixida por Ana Fernández. O decorado e a ambientación correu a cargo de Elena Gómez.
Vémonos na Quinta! Atréveste? |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.