Había moita expectación. Acudimos á cita sen saber que ía ocorrer nesas catro paredes. Ata houbo quen deixou o testamento feito por se lle pasaba algo; dicía algo así: "Son Sergio Rivero de 1º ESO C e deixo todos os meus bens ao meu irmán pequeno." Mais a lectura transcorreu sen incidentes.
Alex contounos unha historia que nos puxo os pelos de punta. Aquí tedes os mellores momentos desta sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.