martes, 3 de outubro de 2017

Aprender a pensar coa biblioteca escolar.


A biblioteca é un espazo que dá a oportunidade de desenvolver o pensamento crítico e, en definitiva, aprender a pensar.

Aprender a pensar... a través dos contos, da poesía, de libros científicos, do cine, da música ou mesmo dos clubs de lectura.

É precisamente o lema que a Consellería , a través das Bibliotecas Escolares, pretende difundir para toda Galicia mediante o seguinte cartel que leva a ilustración realizada polo noso director, Xosé Tomás.

Unha recreación gráfica que reflexa como os usuarios somos abducidos na biblioteca e vivimos diferentes situacións de aprendizaxe.


                                                                     Jennifer e Aitor (1º de Primaria)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.