mércores, 4 de outubro de 2017

ELLA

"ELLA" é o proxecto que vai articular as múltiples actividades da biblioteca e, por conseguinte, de todo o colexio.

A elección do nome veu dada por varios motivos:
 "Ella" que está escrito en lingua inglesa e se pronuncia /ela/,que en galego é o pronome persoal referido ao xénero feminino. A simple vista tamén é a lectura do pronome de terceira persoa na lingua castelá. Por todo este xogo de fonemas, cremos que é o título que mellor pode definir a idea do proxecto.

Seguindo na mesma liña, teremos presente como sinal distintivo na música- timbre do centro a Ella Fitzgerald, muller que logrou reconstruír a historia, levando a convertir o jazz nun xénero popular.

O obxectivo principal é a visibilización e coñecemento das mulleres esquecidas da historia. Nomes femininos que non lograron destacar nos libros de texto e que procuraremos rescatar. Ademais, pretende resaltar o labor das mulleres na contorna do alumnado. 

Entre tod@s poderemos poñer á luz a historia non contada da muller.




"Aventuraríame a pensar que Anónimo, que tantos poemas escribiu sen ser asinados, foi a miúdo unha muller"
Virginia Woolf


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.