Como xa vos adiantáramos a semana pasada, estivemos colaborando, xunto con outros centros que participan en Radio na Biblio, coa Rede Espora para conmemorar o Día da Radio.
Trátase dun proxecto que unifica Biblioteca, Radio, Igualdade da Muller e Deportes nun só programa de repercusión mundial. Pretende dar a coñcecer o traballo de mulleres deportistas de éxito, con moi pouca presenza nos medios de comunicación, a través de locutoras noveis das escolas.
A locutora do noso centro que colaborou con esta iniciativa foi Elena Santos, de 4º da ESO. Unha gravación centrada no traballo e éxitos de Lidia Valentín, campiona de halterofilia.
Preme para escoitar o podcast
Podedes tamén visualizar a nosa participación na web de Espora e o evento para a UNESCO.
"A radio é o medio máis dinámico, reactivo e atractivo que existe; adáptase aos cambios do século XXI e propón novas formas de interactuar e particiar".
UNESCO
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.