xoves, 15 de febreiro de 2018

A Biblioteca ou o lugar para xerar aprendizaxes

Esta semana a Quinta dos Libros énchese de actividades para conmemorar o Día da Muller e a Nena na Ciencia.

Por todos é coñecida a desigualdade de xénero existente nos sectores da ciencia. De aí a importancia de ofrecerlle aos nosos alumnos e alumnas, por igual, a oportunidade de desenvolver a vocación científica desde as primeiras idades.

Esta mañá, cinco nenas de 6º, Ángela, India, Lea, Nerea e Noa prepararon no Laboratorio "Angel Carracedo", dependencia máis da biblioteca, un obradoiro científico sobre a célula e o ADN , destinado ao alumnado de 5º de Primaria. 

Por outra banda, a biblioteca tamén dá a posibilidade de desenvolver o traballo cooperativo, compartindo recursos e espazos á vez que se realizan tarefas conxuntamente, nas que o alumnado se axuda e se anima á hora de aprender. Por este motivo,  como é o caso da materia de Inglés de Secundaria, teñen lugar diaramente clases lectivas na Quinta dos Libros.
Hoxe mesmo, investigaron en lingua extranxeira sobre mulleres científicas a través dos ordenadores e tablets. 


Podedes ver o resumo da xornada neste vídeo:

"As mulleres temos o mesmo potencial para facer ciencia. Non se lle dá as mesmas oportunidades nin se lles valora tanto coma aos homes"
Gabriela González

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.