venres, 16 de febreiro de 2018

Na Quinta pasan cousas

Venres, 9:00 horas da mañá, un novo día no centro por escribir e unha xornada máis na que nos espazos da Quinta dos Libros comezan a pasar diferentes cousas:

Iria e Zaira, alumnas de 4º da ESO, explícanlles no laboratorio aos nenos e nenas de 3º de Primaria, a través dun experimento sinxelo, como é un líquido non newtoniano. Para iso só precisan fariña de millo (maicena) e auga. Á primeira vista trátase dun líquido coma calquera outro, mais unha vez que comezan a darlle golpes secos podemos apreciar como a mestura se mantén sólida, mentres que se sumerximos a man lentamente actúa coma un líquido.

Observamos tamén como algunha usuaria apura coas últimas respostas do concurso de investigación de mulleres científicas.

E para finalizar vemos desfilar a “comparsa” de mochilas cara as casas rosaleiras, quizais para compartir en familia as últimas lecturas do Entroido.

O resumo deste venres da Quinta, no seguinte vídeo:


"As bibliotecas son as portas de entrada ao Universo"
Jackie Anton 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.